Pedro García Aguado, presentador do programa de Cuatro "Hermano Mayor", foi un dos mellores waterpolistas españois, ademais de campión olímpico en Atlanta 96. Pero, a pesar da súa exitosa carreira deportiva, acabou mergullándose no mundo da noite, o alcohol e as drogas, xerando nel unha grave enfermidade: a adicción, pola que tivo que abandonar a súa carreira como deportista de elite para ingresar nunha clínica de desintoxicación, en 2003. Totalmente recuperado, Pedro formouse en diferentes áreas.
Na actualidade, Pedro García Augado compaxina o seu labor en televisión coa asesoría especializada en diferentes áreas relacionadas tanto coa enfermidade da adicción como cos trastornos de conduta en adolescentes.
Así mesmo, ofrece conferencias e comparte a súa experiencia en colexios e institutos para que os mozos adquiran conciencia de risco e coñezan as consecuencias do consumo de alcol e outras drogas.
Pedro García renaceu das súas cinzas, deixando nelas a "Toto", o dos grandes éxitos e os grandes desastres, para converterse nunha persoa con ganas de vivir e de superarse a diario e, sobre todo, de gozar das súas fillas, que como el explicou, foron o pulo que necesitou para saír do escuro mundo das drogas. Esperamos e desexamos que a súa conmovedora e dolorosa experiencia sirva de exemplo para todos .
Ao final da charla estivo asinando exemplares das súas obras: Mañana lo dejo (2008), Dejarlo es posible (2009), Hermano Mayor: entender a los adolescentes es posible (2010).
Aquí están as fotos prometidas....
No hay comentarios:
Publicar un comentario