martes, 31 de mayo de 2011

NOELA RIOBÓ, primeira de Galicia no BIG CHALLENGER 2011

NOELA RIOBÓ MAYO, alumna de 3º ESO B, acadou o 1º posto de TODA GALICIA no prestixioso concurso escolar BIG CHALLENGE
O principal obxectivo do BIG CHALLENGE é  favorecer a aprendizaxe do inglés a través dunha actividade lúdica de carácter pedagóxico.
A proba consistiu en 54 preguntas de tipo test cunha única resposta correcta entre catro posibilidades. As 54 preguntas comprenden cuestións de vocabulario, gramática, pronuncia e civilización. E Noela foi a mellor de toda Galicia. NORABOA!!!!


FESTA DA POESÍA

SARAI REY e LUCAS MÉNDEZ obtiveron o 2º e 3º premio repectivamente no Certame da Poesía. NORABOA!!!! Seguide todos practicando po pracer de ler e escribir...

domingo, 15 de mayo de 2011

PEDRO GARCÍA AGUADO, DE "HERMANO MAYOR" VISITA O NOSO COLE


         Pedro García Aguado, presentador do programa de Cuatro "Hermano Mayor", foi un dos mellores waterpolistas españois, ademais de campión olímpico en Atlanta 96.  Pero, a pesar da súa exitosa carreira deportiva, acabou mergullándose no mundo da noite, o alcohol e as drogas, xerando nel unha grave enfermidade: a adicción, pola que tivo que abandonar a súa carreira como deportista de elite para ingresar nunha clínica de desintoxicación, en 2003. Totalmente recuperado, Pedro formouse en diferentes áreas.
          Na actualidade, Pedro García Augado compaxina o seu labor en televisión coa asesoría especializada en diferentes áreas relacionadas tanto coa enfermidade da adicción como cos trastornos de conduta en adolescentes.
           Así mesmo, ofrece conferencias e comparte a súa experiencia en colexios e institutos para que os mozos adquiran conciencia de risco e coñezan as consecuencias do consumo de alcol e outras drogas. 
          Pedro García renaceu das súas cinzas, deixando nelas a "Toto", o dos grandes éxitos e os grandes desastres, para converterse nunha persoa con ganas de vivir e de superarse a diario e, sobre todo, de gozar das súas fillas, que como el explicou, foron o pulo que necesitou para saír do escuro mundo das drogas. Esperamos e desexamos que a súa conmovedora e dolorosa experiencia sirva de exemplo para todos .
          Ao final da charla estivo asinando exemplares das súas obras: Mañana lo dejo (2008), Dejarlo es posible (2009), Hermano Mayor: entender a los adolescentes es posible (2010).
          Aquí están as fotos prometidas.... 


viernes, 6 de mayo de 2011

CAMIÑO DE SANTIAGO... AO REGRESAR A CASA

Xa remataches o teu Camiño, e agora que? É o momento de volver a casa. Algúns, poucos, retoman o Camiño para volver a casa andando; a maioría fai, en moi pouco tempo, o percorrido que lle custou moitos días de suores ata chegar a Compostela.
Talvez aínda non sexas consciente de que a volta a casa é a etapa máis difícil do Camiño, cando chegues á túa cidade e non atopes nin unha frecha amarela que che indicará por onde tes que ir, cando debas de novo adaptarte á vida ordinaria que, ao comezo do teu Camiño, tanto che custou deixar atrás.
Procura que o teu camiño, as túas dores, todas as experiencias que acumulaches durante estes días non 
queden no esquecemento; garda todo no teu corazón. 

Drogas

A pasada semana tivemos a ocasión de escoitar, no noso colexio, as palabras de Pedro García Aguado (presentador do programa Hermano Mayor) sobre a importancia de previr e concienciar dos riscos que teñen o uso e o abuso de sustancias psicoactivas como o alcohol e outras drogas.


Así pois, dende a titoría, seguiremos profundando nestes temas de vital importancia para todos os alumnos/as e farémolo utilizando os seguintes materiais interactivos (ademais dos proporcionados dende o Concello e de Rexurdir)

Drogas. Explicación xeral

Alcohol e tabaco. Xogo interactivo con explicacións