jueves, 25 de noviembre de 2010

PARABÉNS, MANUEL!!!

"Marín contra a violencia" é o lema dun 25 de novembro que vai dedicado, en primeiro lugar, a todas aquelas mulleres que perderon a vida nunha flagrante violación dos dereitos humanos e a todas aquelas que loitaron e loitan diariamente para conseguir "un mundo mellor" dende o anonimato dun fogar, dende un posto de traballo, ocupando o espazo político ou formando parte do tecido asociativo.
Con este espírito, por dar un paso máis para rematar coas desigualdades e co gallo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, a Concellería de Servizos Sociais e o CIM organizaron, entre outros actos e actividades, un concurso para os escolares "Imaxina un pobo onde non exista a violencia", no que resultaron gañadores tres alumnos do noso centro (un de Infantil, outro de Primaria e outro de ESO), entre os que se atopa MANUEL RAMOS GESTIDO, alumno da titoría de 3ºESO B,

PARABÉNS AOS TRES GAÑADORES E EN ESPECIAL A MANUEL!!!!

E PARABÉNS TAMÉN A TODOS OS QUE DEMOSTRADES, DÍA A DÍA,QUE O RESPECTO ÁS DIFERENZAS XERA PLURALIDADE E RIQUEZA, NON DESIGUALDADE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario